27 de diciembre de 2017

"Con curiosidade, ganas e mimo, non é imposible cultivar unha horta na cidade"

Chámome Beatriz, e recentemente realicei un obradoiro organizado por Ecos do Sur e o Concello da Coruña: o Obradoiro de Macetohorta. A verdade, foi unha experiencia moi divertida e productiva. Souben da actividade a través das redes sociáis. Plantexaban adquirir coñecementos para poder ter un horto na túa fiestra, balcón ou terraza. Interesoume inmediatamente, eu teño terraza no meu piso, e nela xa hai flores e sobre todo prantas aromáticas. É algo que me encanta.

Aínda que son unha persoa que sempre viviu na cidade, gústame moito todo o que teña que ver coa natureza: ver medrar as prantas e como se desenvolven, a explosión de colorido cando van evoluíndo, poder empregar as aromáticas para cociñar... así que me pareceu estupendo poder aprender a coidalas mellor e mesmo a prantar hortalizas.



O entusiasmo e bo saber do profesor, Yago García, contándonos as súas experiencias en primeira persoa sobre o traballo no seu horto ecolóxico e no horto urbán que ten Ecos do Sur, fíxome pensar que con curiosidade, ganas e mimo, non é imposible cultivar algo semellante a unha horta na cidade, adptándoa ao teu espazo dispoñible, así que penso poñerme manos á obra na miña terraza!!

Que se organicen este tipo de obradoiros, e máis de xeito gratuito, paréceme un  luxo e unha forma de conectar á xente da cidade con temas que quizáis teñamos máis olvidados. Como cultivar de forma ecolóxica e sostible, saber as vantaxes de consumir productos ecolóxicos e de proximidade, en definitiva, descobrer o preoceso de cremento de moitos alimentos que consumimos a cotío, e mellor aínda ser partícipe de todo isto. Estarei atenta a outras iniciativas semellantes que nos queirades propoñer!

Beatriz, asistente ao obradoiro de Maceto Hortas realizado por Ecos do Sur dentro do proxecto Agracultura.
É unha iniciativa financiada pola Concellaría de Medio Ambiente 
do Concello da Coruña, a través do programa de Cultura Ambiental.

No hay comentarios:

Publicar un comentario